Ir al contenido principal

PUBLICACIÓN DE VÍDEOS DA ACTIVIDADE "DIARIOS DE LECTURA"

         Estimadas familias:

        Gustaríanos informarvos de que, a partires desta semana, comezaremos a subir os vídeos que nos foron chegando sobre a actividade proposta como "DIARIOS DE LECTURA".

        Recordade que para poder subilos a este blog, precisamos que a autorización de imaxe, que lle foi entregada aos vosos fillos e fillas, debe de estar asinada, confirmando a autorización para este fin en concreto.

        Esperamos que desfrutedes dos vídeos, tanto coma nós.

        Un saúdo,

        o Equipo de Biblioteca Escolar.



Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

O MAGOSTO

Este curso, como poidestes comprobar, as nais e pais do alumnado acompañounos na celebración do magosto. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste!!