Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de enero, 2020

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

"UN PRODUTO, UN CONTO."

A vindeira semana, con motivo da conmemoración do día da Paz, o polbo Tintón necesita da vosa axuda para mostrar o seu lado máis solidario. Seleccionou libros da nosa biblioteca para que todas aquelas persoas que doen produtos de hixiene ou alimentación infantil poidan levar un para súa casa.  Non esquezades traer o voso produto para axudar aos que máis o precisan.

AGASALLOS DE NADAL!!

Fomos moi bos e boas durante o  ano 2019 polo que Papá Noel e os Reis Magos agasalláronnos cos seguintes libros. Apura o paso e descúbreos na nosa biblioteca da man do Polbo Tintón.