Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de febrero, 2020

PARABÉNS SOLIDARIOS!!

Esta semana a Cruz Vermella de Carballo enviounos un reconto de tódolos produtos que conseguimos reunir durante o mercadillo solidario. O polbo Tintón non pode reprimir o xúbilo que sinte grazas á vosa colaboración. Aquí tedes as cifras da vosa fazaña: - 770 produtos de hixiene infantil dos cales: 69 paquetes de cueiros, 114 xeles e champús, 85 cremas e 66 esponxas. -  30 produtos de hixiene familiar. - 267 produtos de alimentación infantil dos cales: 108 cereais de bebé e 135 potitos. - 213 produtos de alimentación familiar. Estiman que o valor económico do recaudado rondaría os 4.000€.