Iniciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.
Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas! Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa! Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo. Desculpade as molestias, Laura e familia! Esperamos que o desfrutedes moito! Un saúdo a todos e a todas!
Comentarios
Publicar un comentario