Ir al contenido principal

DIARIOS DE LECTURA

 

Estimadas familias:

Como ben sabedes, a biblioteca do noso centro está pechada aos máis pequenos e pequenas, debido ao seu acondicionamento como segundo espazo para o Comedor Escolar, así como para o Servizo de Madrugadores do centro.

 

Desde o Equipo de Biblioteca, queríamos propoñervos unha tarefa a realizar a nivel de centro.

Cada neno/a, coa axuda da familia, gravarase no seu fogar, ensinando un libro de lectura favorito ou que lle gustase, contando brevemente de que trata. Para iso, pode utilizar os complementos que considere necesarios.

 

Trátase dunha tarefa con carácter voluntario, pero encantaríanos que vos animarades a participar. Deste xeito, cada nivel podería ver aos demais compañeiros/as, non tan só do seu mesmo nivel, senón de todo o centro educativo.

 



Esperamos que vos animedes a participar!

Asdo.: O Equipo de Biblioteca Escolar do centro.

Comentarios

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA