Ir al contenido principal

DIARIOS DE LECTURA: "Daniela y las chicas pirata", por Xiana Vishneuski Segade (4ºA de EI)

 

 


        Estimados nenos e nenas!

        Velaquí traemos un novo vídeo contándonos, neste caso, a historia de Daniela e as chicas pirata, da man de Xiana Vishneuski Segade (4ºA de Educación Infantil), axudada pola súa familia.

        Debido a que o arquivo orixinal ocupaba máis de 700 mB, e neste blog só se poden subir arquivos de ata 100 mB, tivemos que reducir moito a calidade do vídeo orixinal.

        Aínda así, esperamos que desfrutedes deste estupendo conto, tanto como o fixo o polbo Tintón.

        Mil grazas familia e desculpade as molestias!



Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.