Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Boas a todos e a todas!      Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!           Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.      A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.      En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.      O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.     A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diario", "Intempériome" ou "Poesía reunida".      O 1 de novembr

DIARIOS DE LECTURA: "Corre corre, cabaciña", por Abril Pereiro Blanco (4ºC de EI)

              Ola, de novo, amiguiños e amiguiñas lectores/as!         Velaquí vos traio o vídeo protagonizado por Abril Pereiro Blanco, a cal nos narra de forma moi simpática a historia recollida no conto de "Corre corre, cabaciña".           Unha vez máis, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma, o cal non impide que poidades desfrutalo igualmente!              Desde aquí queremos darlle grazas infinitas á familia de Abril, a cal non se detivo ata que conseguimos obter o vídeo, xa que tivemos algún que outro problemiña para poder descargalo.                Esperamos que o desfrutedes moito!           Un saúdo,            o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Las ratitas: 3, 2, 1,... Superpoderes", por Eva Pérez Lorenzo (1ºB de EP)

               Ola, pequenos e pequenas!      Velaquí tedes o vídeo protagonizado Eva Pérez Lorenzo, de 1ºB de Educación Primaria.      Unha vez máis e, debido a que era un arquivo que pesaba máis de 100mB, tivemos que rebaixarlle bastante a calidade do mesmo para poder subilo a este blog.      Esperamos que o desfrutedes moito!      Desculpade as molestias!      Un saudiño,          o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Os Bolechas van á praia", por Lia Pereiro Blanco (6ºB de EI)

                  Ola a todas e a todos!          Hoxe traémosvos o vídeo protagonizado pola nosa compañeira Lia Pereiro Blanco, a cal nos conta dun xeito fabuloso a historia de "Os Bolechas van á praia".           Unha vez máis, tivemos que rebaixar a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma.           Desculpade as molestias que isto poida ocasionar, familia!             Esperamos que o desfrutedes, ao igual que o fixemos nós!           Un saúdo,            o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "El cuerpo humano", por Diego Álvarez Parafita (1ºB de EP)

                Boas de novo, pequenos e pequenas!             Como pasa o tempo! Estamos xa na Semana do Libro, semana importantísima para os amantes dos libros e, como non, para o polbo Tintón.             Velaquí vos traemos o vídeo de Diego Álvarez Parafita, de 1ºB de Educación Primaria.          Diego móstranos o interesantísimo que pode resultar un libro sobre o corpo humano e todo o que podemos aprender del.         Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.              Desculpádenos, Diego e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!  

DIARIOS DE LECTURA: "¡Cuántas cosas sabe mamá!, por Katya Candamio Pardines (1ºB de EP)

           Ola a todas e a todos!     A este creativo vídeo, tivemos que rebaixarlle bastante a calidade, debido a que era un arquivo moi pesado para esta plataforma, a cal só admite arquivos de 100 mB.      Desculpade as molestias!      Desfrutade moitísimo do vídeo de Katya!        Un saúdo,     o polbo Tintón.  

DIARIOS DE LECTURA: "El gatito que se perdió en el inframundo" y "El gatito que sigue perdido en el inframundo", por Miguel Puga Puente (3ºC de EP)

                Boas a todos e a todas!           Hoxe achegámosvos a reseña de Miguel Puga Puente (3ºC de Educación Primaria) sobre dous dos seus libros favoritos:"El gatito que se perdió en el inframundo", así como a segunda parte do mesmo, "El gatito que sigue perdido en el inframundo".           Debido a que o vídeo pesaba algo máis de 150 mB, tivemos que rebaixarlle a calidade ata conseguir un vídeo de 100 mB, que son os que esta plataforma pode subir.           Desculpade as molestias que isto poida ocasionar.           Desfrutade moito do vídeo, ao igual que o fixemos nós!             Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Los misterios de Clodett", por Sofía Balsa Rodríguez (3ºA de EP)

           Ola, pequenos e pequenas!           Hoxe achegámosvos a reseña de Sofía Balsa Rodríguez, de 3ºA de Educación Primaria, sobre un dos seus libros predilectos: "Los misterios de Clodett".           Debido a que o vídeo pesaba algo máis de 130 mB, tivemos que rebaixarlle un "pelín" a calidade ata conseguir un vídeo de 100 mB, que son os que esta plataforma pode subir.           Desculpade, de novo, as molestias!           Desfrutade moito deste vídeo!           Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: Lena (5ºD de EP) e Fernando Vilas Pérez (6ºB de EI)

          Boas a todos e a todas!         Hoxe traémosvos un vídeo caseiro antigo dos irmáns Vilas Pérez: Lena e Fernando.        Lena, hoxe en día, atópase cursando 5ºD de EP e Fernando, 6ºB de EI. Pero no vídeo atoparédelos bastante diferentes, xa que Lena é unha meniña que está comezando a ler, neses momentos, e Fernando é o bebé que aparece ao seu carón.           Mil grazas pola vosa colaboración, familia!           Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Felipe tiene gripe", por Mario García Felípez (1ºB de EP)

                       Boas de novo, pequenos e pequenas!             Velaquí vos traemos o vídeo de Mario García Felípez, de 1ºB de Educación Primaria.          Mario cóntanos unha das historias máis divertidas, "Felipe tiene gripe", onde nos contan remedios do máis disparatados.         Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.              Desculpádenos, Mario e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!  

DIARIOS DE LECTURA: "Daniela y las chicas pirata", por Xiana Vishneuski Segade (4ºA de EI)

              Estimados nenos e nenas!           Velaquí traemos un novo vídeo contándonos, neste caso, a historia de Daniela e as chicas pirata, da man de Xiana Vishneuski Segade (4ºA de Educación Infantil), axudada pola súa familia.           Debido a que o arquivo orixinal ocupaba máis de 700 mB, e neste blog só se poden subir arquivos de ata 100 mB, tivemos que reducir moito a calidade do vídeo orixinal.           Aínda así, esperamos que desfrutedes deste estupendo conto, tanto como o fixo o polbo Tintón.           Mil grazas familia e desculpade as molestias!

DIARIOS DE LECTURA: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", por Clara Vázquez Seoane (6ºC de EI)

            Boas de novo, amiguiños e amiguiñas!           O polbo Tintón está tendo un montón de traballo cos vosos vídeos, pero non vos preocupedes por el, porque está do máis encantado, desfrutando de todos e de cada un deles.           Velaquí vos traemos o vídeo de Clara Vázquez Seoane, de 6ºC de Educación Infantil. Clara cóntanos unha das nosas historias preferidas e máis divertidas: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".                     Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.                Desculpádenos, Clara e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!

DIARIOS DE LECTURA: "Gerónimo Stilton: O galeón dos gatos piratas", por Irene Cotelo Castro (2ºB de EP)

                       Ola, pequenos e pequenas!               Hoxe publicamos o vídeo creado por Irene Cotelo Castro, de 2ºB de Educación Primaria.             Tivemos que rebaixar un pouco a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma, xa que non admite aquivos que superen os 100mB.           Desculpade as molestias ocasionadas!             Esperamos que o desfrutedes moitísimo!           Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "La granja de Pepito", por Dalia Cotelo Castro (4ºA de EI)

           Ola a todas e a todos!          Hoxe traémosvos o vídeo protagonizado por Dalia Cotelo Castro, de 4ºA de Educación Infantil.           Unha vez máis, tivemos que rebaixar un pouco a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma.           Desculpade as molestias que isto ocasione, familia!           Esperamos que o desfrutedes, ao igual que o fixemos nós!           Un saúdo,            o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Nella y sus amigos", por Elba Sierra García (4ºA de EI)

       Ola, pequenos e pequenas!      Velaquí tedes o vídeo protagonizado por Elba Sierra García, de 4ºA de Educación Infantil.      Unha vez máis e, debido a que era un arquivo que pesaba máis de 100mB, tivemos que rebaixarlle un pouco a calidade do mesmo para poder subilo a este blog.      Esperamos que o desfrutedes moito!      Desculpade as molestias!      Un saudiño,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Un rico pastel", por Aldara Fernández Sánchez (6ºB de EI)

       Ola a todas e a todos!     A este divertido e creativo vídeo, tivemos que rebaixarlle un pelín a calidade, debido a que era un arquivo moi pesado.      Desculpade as molestias!      Desfrutade moito do vídeo!        Un saúdo,      o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: Saga literaria de "Isadora Moon", por Lola Vila Núñez (4ºC de EP)

            Ola a todos/as!            Velaquí podedes desfrutar deste marabillos vídeo creado por Lola Núñez, de 4ºC de EP.           Tivemos que reducirlle calidade ao vídeo orixinal, debido ao seu peso, xa que non poderíamos subilo a este blog.             Desculpa as molestias ocasionadas, Lola!            Un saúdo,          o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "O monstro de cores", por María Zas (coordinadora da biblioteca)

            Ola a todos e a todas!      Velaquí tedes o noso 1º vídeo de "Diarios de Lectura" deste curso 2020-2021.      Tivemos que reducir a calidade do mesmo, xa que se trataba dun vídeo moi pesado. Aínda así, esperamos que o desfrutedes igualmente!      Un saúdo,      o polbo Tintón.     

PUBLICACIÓN DE VÍDEOS DA ACTIVIDADE "DIARIOS DE LECTURA"

            Estimadas familias:           Gustaríanos informarvos de que, a partires desta semana, comezaremos a subir os vídeos que nos foron chegando sobre a actividade proposta como "DIARIOS DE LECTURA".           Recordade que para poder subilos a este blog, precisamos que a autorización de imaxe, que lle foi entregada aos vosos fillos e fillas, debe de estar asinada, confirmando a autorización para este fin en concreto.          Esperamos que desfrutedes dos vídeos, tanto coma nós.          Un saúdo,          o Equipo de Biblioteca Escolar.

DIARIOS DE LECTURA

  Estimadas familias: Como ben sabedes, a biblioteca do noso centro está pechada aos máis pequenos e pequenas, debido ao seu acondicionamento como segundo espazo para o Comedor Escolar, así como para o Servizo de Madrugadores do centro.   Desde o Equipo de Biblioteca, queríamos propoñervos unha tarefa a realizar a nivel de centro. Cada neno/a, coa axuda da familia, gravarase no seu fogar, ensinando un libro de lectura favorito ou que lle gustase, contando brevemente de que trata. Para iso, pode utilizar os complementos que considere necesarios.   Trátase dunha tarefa con carácter voluntario, pero encantaríanos que vos animarades a participar. Deste xeito, cada nivel podería ver aos demais compañeiros/as, non tan só do seu mesmo nivel, senón de todo o centro educativo.   Esperamos que vos animedes a participar! Asdo.: O Equipo de Biblioteca Escolar do centro.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.