Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2019

NOVAS ADQUISICIÓNS!!!

O polbo Tintón convídavos a descubrir algunhas das novidades lectoras que incorporamos a semana pasada. Preparade os vosos marcapáxinas para mergullarvos en excitantes historias, adiviñanzas e xogos de lóxica.

UNHA REAPERTURA MÁXICA!!

O polbo Tintón e o mago Álex abriron de novo as portas da nosa biblioteca  o pasado 9 de decembro. Os distintos niveis gozaron dun espectáculo de maxia da man do mago Álex como acto inaugural. Añadir leyenda

LUNS 9 DE DECEMBRO GRAN REAPERTURA DA BIBLIOTECA

INAUGURAMOS A PATIOTECA!!

Moi boas queridos amigos e amigas!! Que gañas tiña de saudarvos!! Que tal está indo o comezo do curso?? Agardo que moi ben. Como xa sabedes, o pasado xoves, 24 de outubro foi o día das bibliotecas . Dende a nosa biblioteca quixemos celebrar ese día cun acontecemento especial, por este motivo inauguramos a nosa Patioteca . A Patioteca, é un carriño de lectura que sae ao patio durante os recreos. Así podedes ler os vosos contos favoritos ao aire libre, tirados e tiradas nunha colchoneta... A verdade é que está sendo todo un éxito!! Se aínda non a coñecedes non dubidedes vir nalgún recreo, de seguro que hai moitos libros o voso agrado!! Aquí vos deixo unhas fotos d@s primeir@s visitantes. Disfrutade moito dela, vémonos pronto!!  

INAUGURACION DA EXPOSICIÓN "PATRIMONIALIZARTE"

O pasado venres puxemos punto final á primeira parte do proxecto de Patrimonio que se está a levar no centro, coa inauguración dunha pequena exposición. Estás convidado a vir visitala!! SAIMOS NA PRENSA, MIRAO AQUÍ. A segunda parte está comezando...

DIA DAS ARTES GALEGAS

Hoxe, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, acontecemento creado pola Real Academia Galega de Belas Artes. Este ano o homenaxeado é o pintor Luís Seoane. A asociación Roxín Roxal confeccionou un documento sobre a figura de Luis Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan. Podedes velo aquí : 1 de abril Día Das Artes Galega - Luis Seoane   Na alborada alá onde se xunta o río e o mar, eis as mariscadoras. Cos pés mollados e as mans frías, arremangadas as roupas, apañan o marisco sen demora: ameixas, berberechos, ostras vieiras e navallas. As catro xuntiña s aturan o frío cantando vellas cancións mariñeiras, mentr es agardan con saudade a chegada dos seus homes, de alén dos mares.  As mariscadoras foi pointado no ano 1969 por Luis Seoane. Xa ten 50 anos!   Ama relo, vermello e azul, cores primarias que xunto ao negro e o branco poden crear todas as cores que existen.   Así pinta Seoane, primeiro coas cores,

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ...

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no noso centro. A pesar de non facer moi bo día, o bo humor e as ganas de pasalo ben nunha data tan importante fixo que non importasen as condicións meteorolóxicas, así que aquí vos deixamos un vídeo como pequena mostra do que aconteceu ese día. Esperamos que vos guste e a Paz non sexa soamente cousa dun día... FELIZ DIA DA PAZ!!!! Se pinchades no enlace ao lado da fotografía poderedes ver un video da celebración dos nenos de Educación Primaria.   DIA DA PAZ