Ir al contenido principal

INAUGURAMOS A PATIOTECA!!

Moi boas queridos amigos e amigas!! Que gañas tiña de saudarvos!!

Que tal está indo o comezo do curso?? Agardo que moi ben.

Como xa sabedes, o pasado xoves, 24 de outubro foi o día das bibliotecas. Dende a nosa biblioteca quixemos celebrar ese día cun acontecemento especial, por este motivo inauguramos a nosa Patioteca.

A Patioteca, é un carriño de lectura que sae ao patio durante os recreos. Así podedes ler os vosos contos favoritos ao aire libre, tirados e tiradas nunha colchoneta... A verdade é que está sendo todo un éxito!!

Se aínda non a coñecedes non dubidedes vir nalgún recreo, de seguro que hai moitos libros o voso agrado!!

Aquí vos deixo unhas fotos d@s primeir@s visitantes.

Disfrutade moito dela, vémonos pronto!!






Comentarios

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA