Ir al contenido principal

DIA DAS ARTES GALEGAS

Hoxe, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, acontecemento creado pola Real Academia Galega de Belas Artes. Este ano o homenaxeado é o pintor Luís Seoane.
A asociación Roxín Roxal confeccionou un documento sobre a figura de Luis Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan. Podedes velo aquí:

1 de abril Día Das Artes Galega-Luis Seoane 

Na alborada
alá onde se xunta o río e o mar,
eis as mariscadoras.
Cos pés mollados e as mans frías,
arremangadas as roupas,
apañan o marisco sen demora:
ameixas, berberechos, ostras
vieiras e navallas.
As catro xuntiña
saturan o frío cantando
vellas cancións mariñeiras,
mentres agardan con saudade
a chegada dos seus homes,
de alén dos mares. 

As mariscadoras foi pointado no ano 1969 por Luis Seoane. Xa ten 50 anos! 

Amarelo, vermello e azul, cores primarias que xunto ao negro e o branco poden crear todas as cores que existen. 

Así pinta Seoane, primeiro coas cores, o ceo, as saias, o sol, e despois co negro debuxa as figuras.Unha homenaxe as mulleres que traballan duramente nas rías.

(Fonte: Rede do Patrimonio Cultural)

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA