Ir al contenido principal

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ...

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no noso centro. A pesar de non facer moi bo día, o bo humor e as ganas de pasalo ben nunha data tan importante fixo que non importasen as condicións meteorolóxicas, así que aquí vos deixamos un vídeo como pequena mostra do que aconteceu ese día. Esperamos que vos guste e a Paz non sexa soamente cousa dun día... FELIZ DIA DA PAZ!!!!
Se pinchades no enlace ao lado da fotografía poderedes ver un video da celebración dos nenos de Educación Primaria.

Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

O MAGOSTO

Este curso, como poidestes comprobar, as nais e pais do alumnado acompañounos na celebración do magosto. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste!!