I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.
Comentarios
Publicar un comentario