Ir al contenido principal

Entradas

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Boas a todos e a todas!      Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!           Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.      A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.      En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.      O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.     A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diari...

DIARIOS DE LECTURA: "Corre corre, cabaciña", por Abril Pereiro Blanco (4ºC de EI)

              Ola, de novo, amiguiños e amiguiñas lectores/as!         Velaquí vos traio o vídeo protagonizado por Abril Pereiro Blanco, a cal nos narra de forma moi simpática a historia recollida no conto de "Corre corre, cabaciña".           Unha vez máis, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma, o cal non impide que poidades desfrutalo igualmente!              Desde aquí queremos darlle grazas infinitas á familia de Abril, a cal non se detivo ata que conseguimos obter o vídeo, xa que tivemos algún que outro problemiña para poder descargalo.                Esperamos que o desfrutedes moito!           Un saúdo,            o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Las ratitas: 3, 2, 1,... Superpoderes", por Eva Pérez Lorenzo (1ºB de EP)

               Ola, pequenos e pequenas!      Velaquí tedes o vídeo protagonizado Eva Pérez Lorenzo, de 1ºB de Educación Primaria.      Unha vez máis e, debido a que era un arquivo que pesaba máis de 100mB, tivemos que rebaixarlle bastante a calidade do mesmo para poder subilo a este blog.      Esperamos que o desfrutedes moito!      Desculpade as molestias!      Un saudiño,          o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Os Bolechas van á praia", por Lia Pereiro Blanco (6ºB de EI)

                  Ola a todas e a todos!          Hoxe traémosvos o vídeo protagonizado pola nosa compañeira Lia Pereiro Blanco, a cal nos conta dun xeito fabuloso a historia de "Os Bolechas van á praia".           Unha vez máis, tivemos que rebaixar a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma.           Desculpade as molestias que isto poida ocasionar, familia!             Esperamos que o desfrutedes, ao igual que o fixemos nós!           Un saúdo,            o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "El cuerpo humano", por Diego Álvarez Parafita (1ºB de EP)

                Boas de novo, pequenos e pequenas!             Como pasa o tempo! Estamos xa na Semana do Libro, semana importantísima para os amantes dos libros e, como non, para o polbo Tintón.             Velaquí vos traemos o vídeo de Diego Álvarez Parafita, de 1ºB de Educación Primaria.          Diego móstranos o interesantísimo que pode resultar un libro sobre o corpo humano e todo o que podemos aprender del.         Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.              Desculpádenos, Diego e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!  

DIARIOS DE LECTURA: "¡Cuántas cosas sabe mamá!, por Katya Candamio Pardines (1ºB de EP)

           Ola a todas e a todos!     A este creativo vídeo, tivemos que rebaixarlle bastante a calidade, debido a que era un arquivo moi pesado para esta plataforma, a cal só admite arquivos de 100 mB.      Desculpade as molestias!      Desfrutade moitísimo do vídeo de Katya!        Un saúdo,     o polbo Tintón.  

DIARIOS DE LECTURA: "El gatito que se perdió en el inframundo" y "El gatito que sigue perdido en el inframundo", por Miguel Puga Puente (3ºC de EP)

                Boas a todos e a todas!           Hoxe achegámosvos a reseña de Miguel Puga Puente (3ºC de Educación Primaria) sobre dous dos seus libros favoritos:"El gatito que se perdió en el inframundo", así como a segunda parte do mesmo, "El gatito que sigue perdido en el inframundo".           Debido a que o vídeo pesaba algo máis de 150 mB, tivemos que rebaixarlle a calidade ata conseguir un vídeo de 100 mB, que son os que esta plataforma pode subir.           Desculpade as molestias que isto poida ocasionar.           Desfrutade moito do vídeo, ao igual que o fixemos nós!             Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Los misterios de Clodett", por Sofía Balsa Rodríguez (3ºA de EP)

           Ola, pequenos e pequenas!           Hoxe achegámosvos a reseña de Sofía Balsa Rodríguez, de 3ºA de Educación Primaria, sobre un dos seus libros predilectos: "Los misterios de Clodett".           Debido a que o vídeo pesaba algo máis de 130 mB, tivemos que rebaixarlle un "pelín" a calidade ata conseguir un vídeo de 100 mB, que son os que esta plataforma pode subir.           Desculpade, de novo, as molestias!           Desfrutade moito deste vídeo!           Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: Lena (5ºD de EP) e Fernando Vilas Pérez (6ºB de EI)

          Boas a todos e a todas!         Hoxe traémosvos un vídeo caseiro antigo dos irmáns Vilas Pérez: Lena e Fernando.        Lena, hoxe en día, atópase cursando 5ºD de EP e Fernando, 6ºB de EI. Pero no vídeo atoparédelos bastante diferentes, xa que Lena é unha meniña que está comezando a ler, neses momentos, e Fernando é o bebé que aparece ao seu carón.           Mil grazas pola vosa colaboración, familia!           Un saúdo,           o polbo Tintón.

DIARIOS DE LECTURA: "Felipe tiene gripe", por Mario García Felípez (1ºB de EP)

                       Boas de novo, pequenos e pequenas!             Velaquí vos traemos o vídeo de Mario García Felípez, de 1ºB de Educación Primaria.          Mario cóntanos unha das historias máis divertidas, "Felipe tiene gripe", onde nos contan remedios do máis disparatados.         Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.              Desculpádenos, Mario e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!  

DIARIOS DE LECTURA: "Daniela y las chicas pirata", por Xiana Vishneuski Segade (4ºA de EI)

              Estimados nenos e nenas!           Velaquí traemos un novo vídeo contándonos, neste caso, a historia de Daniela e as chicas pirata, da man de Xiana Vishneuski Segade (4ºA de Educación Infantil), axudada pola súa familia.           Debido a que o arquivo orixinal ocupaba máis de 700 mB, e neste blog só se poden subir arquivos de ata 100 mB, tivemos que reducir moito a calidade do vídeo orixinal.           Aínda así, esperamos que desfrutedes deste estupendo conto, tanto como o fixo o polbo Tintón.           Mil grazas familia e desculpade as molestias!

DIARIOS DE LECTURA: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza", por Clara Vázquez Seoane (6ºC de EI)

            Boas de novo, amiguiños e amiguiñas!           O polbo Tintón está tendo un montón de traballo cos vosos vídeos, pero non vos preocupedes por el, porque está do máis encantado, desfrutando de todos e de cada un deles.           Velaquí vos traemos o vídeo de Clara Vázquez Seoane, de 6ºC de Educación Infantil. Clara cóntanos unha das nosas historias preferidas e máis divertidas: "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza".                     Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar moito a calidade do mesmo.                Desculpádenos, Clara e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a tod...

DIARIOS DE LECTURA: "Gerónimo Stilton: O galeón dos gatos piratas", por Irene Cotelo Castro (2ºB de EP)

                       Ola, pequenos e pequenas!               Hoxe publicamos o vídeo creado por Irene Cotelo Castro, de 2ºB de Educación Primaria.             Tivemos que rebaixar un pouco a calidade do mesmo para poder subilo a esta plataforma, xa que non admite aquivos que superen os 100mB.           Desculpade as molestias ocasionadas!             Esperamos que o desfrutedes moitísimo!           Un saúdo,           o polbo Tintón.