Ir al contenido principal

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

    Boas a todos e a todas!

    Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!    

    Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.

    A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.

    En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.

    O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.

    A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diario", "Intempériome" ou "Poesía reunida".

    O 1 de novembro do 2003, falece a causa dun infarto, con tan só 41 anos.

     Ao longo desta semana, desde o noso centro educativo, seguiremos a conmemorar a figura desta célebre muller.


    Un saúdo,

    o polbo Tintón.

 




Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.