Estimadas familias: Gustaríanos informarvos de que, a partires desta semana, comezaremos a subir os vídeos que nos foron chegando sobre a actividade proposta como "DIARIOS DE LECTURA". Recordade que para poder subilos a este blog, precisamos que a autorización de imaxe, que lle foi entregada aos vosos fillos e fillas, debe de estar asinada, confirmando a autorización para este fin en concreto. Esperamos que desfrutedes dos vídeos, tanto coma nós. Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.