Benvidos e benvidas a un novo curso!!! Xa sei que o curso leva un pouquiño andado, pero non tiven a oportunidade de saudarvos antes, síntoo.☹️ Pero a partir de agora temos moitas novas que contarvos para este curso 2018-2019, así que non vos preocupedes. COMEZAMOS... Somos colexio Erasmus+ . Qué quere dicir isto? Pois que compartiremos boas prácticas educativas con outros centros europeos; concretamente, durante este ano e o próximo utilizaremos a fotografía como recurso para ensinar e aprender. Imos traballar colaborativamente cos seguintes coles: 4th Dimotiko Scholio Almirou ( Grecia) Istituto Comprensivo "Santa Chiara-Pascoli-Altamura" (Italia) "Prof. Dimitar Dimov" Secondary School ( Bulgaria) Gulbisa pamatskola (Letonia) Ecole des platanes (Francia) Pero ademáis disto... ...
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.