O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.
Comentarios
Publicar un comentario