Ir al contenido principal

ACHÉGASE O DÍA DAS LETRAS GALEGAS. O DÍA DAS NOSAS LETRAS

LETRAS GALEGAS 2020
 O 17 de maio celebramos, dun xeito moi distinto a como o viñamos facendo, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS.
 Queremos que vos mergulledes na vida e obra do autor homenaxeado este 2020: RICARDO CARBALLO CALERO.
“Un refacho de vento, de súpeto, conmoveu o ar. E unha nube moura esvarou polo ceo. Laiáronse as árbores docemente, e axiñase velou o sol. A bóveda azul fíxose gris e fría. E a chuvia comezou a caer.
Era unha chuvia de verán, torrencial, esmagadora. A terra seca bebeu arelosamente as primeiras augas. Logo, enchente, rexeitou beber máis. Charcos e miúdos regueiros xurdiron entre a lama. Alampou un lóstrego. Como se un carro de patacas emborcase a súa carga, a rolar, polo teito do ceo, o trebón retumbou”.
AS PITAS BAIXO A CHOIVARICARDO CARVALHO CALERO.

Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.