Ir al contenido principal

BENVIDOS E BENVIDAS!!!

Benvidos e benvidas a un novo curso!!!
                     Xa sei que o curso leva un pouquiño andado, pero non tiven a oportunidade de saudarvos antes, síntoo.☹️
Pero a partir de agora temos moitas novas que contarvos para este curso 2018-2019, así que non vos preocupedes. COMEZAMOS...

Somos colexio Erasmus+. Qué quere dicir isto? Pois que compartiremos boas prácticas educativas con outros centros europeos; concretamente, durante este ano e o próximo utilizaremos a fotografía como recurso para ensinar e aprender. Imos traballar colaborativamente cos seguintes coles:
  • 4th Dimotiko Scholio Almirou ( Grecia)
  • Istituto Comprensivo "Santa Chiara-Pascoli-Altamura" (Italia)
  • "Prof. Dimitar Dimov" Secondary School ( Bulgaria)
  • Gulbisa pamatskola (Letonia)
  • Ecole des platanes (Francia) 
Pero ademáis disto...

                               Con motivo do ano cultural europeo, este ano contaremos coa colaboración dunha experta en Patrimonio. O proxecto Patrimonializarte pretende achegar aos nenos e nenas o seu patrimonio máis próximo, que comprendan a sociedade na que viven, tecendo un fío entre pasado e presente, e que entendan a importancia do patrimonio nas súas múltiples manifestacións como legado que debemos conservar e preservar para o futuro, identificándose e sensibilizándose con el.

Pronto publicaremos algúns dos logos que fixestes para presentarllo aos representantes dos outros coles e despois o resultado obtido da combinación do logo escollido polo noso cole e os dos outros países.


Comentarios

Entradas populares de este blog

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA