Visita de Marisa Irimia a Biblioteca
O pasado xoves, visitou a Biblioteca do centro Marisa Irimia, para contarnos a historia da Biblioteca
subterránea de Darayya (Damasco) que era a única esperanza da xente
durante a guerra, e o conto dunha sapiña que quería ter unha moto. Aquí
tedes as fotos da súa visita.BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.
Comentarios
Publicar un comentario