Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2018

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL

Bos días,          hoxe rematamos a primeira avaliación deste curso, e queremos desexarvos unhas felices vacacións de Nadal. Algúns dos libros que vos recomendamos ler durante o voso tempo de lecer podedes atopalos no seguinte enlace. Esperamos que sexan do voso gusto e á volta das vacacións poidades contarnos un montón de historias... Podedes acceder a elas pinchando no logotipo do proxecto deste ano:

ERASMUS

CEIP Bergantinhos in Almyros 21 NOV 2018 ABELENCASTRO EDIT CEIP Bergantinhos  is located in Carballo, a town that is 33km far from La Corunna and 45 km from Santiago de Compostela. We are 695 students, from 3 to 12 years old, and 49 teachers. Our students come to school on foot, from the neighbourghood, and by bus from the surroundings. Our Erasmus+ Project is called Teaching and Learning Through Photography Art. With this project we want our children to improve their language skills, relationships, tolerance… so they become better europeans citizens. We are having our first transnational meeting in Volos, Greece. We have met our colleagues from Greece, France, Italy, Bulgaria and Latvia at last!  We are learning many things and we are willing to share our experiences with our children and mates. We’ll invite you to visit our  library’s blog .

MAGOSTO

O pasado 31 de outubro celebramos o Magosto no cole, e moitos de vós viñéstedes disfrazados a beber a pócema máxica... Aquí vos deixamos un video feito sobre ese día polo equipo de extraescolares. Esperamos que vos guste, tamén podedes velo na páxina do cole.

BENVIDOS E BENVIDAS!!!

Benvidos e benvidas a un novo curso!!!                      Xa sei que o curso leva un pouquiño andado, pero non tiven a oportunidade de saudarvos antes, síntoo.☹️ Pero a partir de agora temos moitas novas que contarvos para este curso 2018-2019, así que non vos preocupedes. COMEZAMOS... Somos colexio Erasmus+ . Qué quere dicir isto? Pois que compartiremos boas prácticas educativas con outros centros europeos; concretamente, durante este ano e o próximo utilizaremos a fotografía como recurso para ensinar e aprender. Imos traballar colaborativamente cos seguintes coles: 4th Dimotiko Scholio Almirou ( Grecia) Istituto Comprensivo "Santa Chiara-Pascoli-Altamura" (Italia) "Prof. Dimitar Dimov" Secondary School ( Bulgaria) Gulbisa pamatskola (Letonia) Ecole des platanes (Francia)  Pero ademáis disto...                                Con motivo do ano cultural europeo, este ano contaremos coa colaboración dunha experta en Patrimonio. O proxecto Patr

CELEBRACION DAS LETRAS GALEGAS (I)

 Hoxe tivemos un pequeno agasallo do Polbo Tinton para disfrutar no tempo do Plan Lector dun xeito diferente: un anaco de larpeira cunha lectura de María Victoria Moreno, a autora agasallada este ano no Día das Letras Galegas. Tedes unha primeira mostra deste día. Pinchade no seguiste título: PETISCOS LITERARIOS

A BIBLIOTECA SECRETA DE DAMASCO

Visita de Marisa Irimia a Biblioteca O pasado xoves, visitou a Biblioteca do centro Marisa Irimia, para contarnos a historia da Biblioteca subterránea de Darayya (Damasco) que era a única esperanza da xente durante a guerra, e o conto dunha sapiña que quería ter unha moto. Aquí tedes as fotos da súa visita.

PARA LER O DIA DO LIBRO

DIA DO LIBRO 23 de abril de 2018 Se queres que os demais che digan o que tes que facer , non leas.   Se queres que os demais che digan o que tes que pensar , non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar , non leas.   Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan , non leas.   Non leas, porque a lectura é incómoda.   Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor , é mellor que non leas . Fran Alonso

DIA DO LIBRO

Moi pronto na nosa Biblioteca...

EQUIPO DE XADREZ DO CEIP BERGANTIÑOS

Dende aquí queremos felicitar ao equipo de xadrez do cole pola súa participación en diferentes torneos a nivel provincial, o pasado sábado unha pequena representación do equipo recibíu unha copa que estará exposta na Biblioteca do centro. Parabéns!!  

MULLERES DE CONTO

Traballo realizado polo alumnado de sexto de primaria de acordo co proxeto de  biblioteca.   MULLERES DE CONTO

LIPDUB SOBRE A IGUALDADE

  Dende o ENDG (Equipo de Normalización  e Dinamización Lingüística) e como parte do Proxecto de centro para este curso, Mulleres de conto, elaborouse un vídeo co título: "Queremos igualdade"   A letra é orixinal do alumnado de 6º curso, e a música é a da coñecida canción de  Luís Fonsi e Daddy Yankee , "Despacito" .  Nel faise unha defensa en prol da igualdade real de homes e mulleres, rexeitando a violencia de xénero.    Grazas a todo o alumnado e profesorado do centro polo voso traballo.       

VISITA DE MARTIN HUTCHINSON A NOSA BIBLIOTECA

Esta semana tivemos a visita dun ex-bombeiro inglés que se adica a concienciar a xente para mellorar o medioambiente. Aquí tedes unhas reseñas que aparecen no xornal de hoxe. Enlace á noticia de La Voz de Galicia

FELIZ ENTRADA NO 2018!!

Dende a Biblioteca do Polbo Tintón desexámosvos unha boa entrada na segunda parte do curso, xa estamos no 2018 e esperamos que todo sexa do voso agrado. Para empezar este trimestre tivemos unha visita moi interesante ao noso centro...