Ir al contenido principal

BENVIDAS E BENVIDOS A UN NOVO CURSO!!!

Bos días a todos e todas,
         este curso que comezou imos traballar as MULLERES DE CONTO, que non son as mulleres que aparecen nos contos, senón as mulleres que fixeron algo extraordinario pola sociedade. Estas mulleres van dende as vosas avoas, bisavoas,... ata mulleres científicas, pintoras, escritoras, ilustradoras, espías...

     Existen na historia da humanidade moitas mulleres que merecen ser coñecidas e recoñecidas por todos nós, e iso é o que pretendemos lograr ao longo deste curso. Non teñen por qué ser mulleres estranxeiras, que tamén, pero na nosa terra tamén hai mulleres que merecen un lugar na historia do noso pobo.
 IMOS ALÓ!
                                                                                                               Saúdos.
                                             O Polbo Tintón

Comentarios

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA