Ir al contenido principal

CONCURSO DE TEATRO LIDO

Este ano participaron no 16ª Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís varios grupos de nenos do noso cole. O pasado mércores 24 de outubro foron ás instalacións de RadioVoz en Carballo varios nenas e nenas do centro acompañados polas súas titoras Dª Isabel García e Dª Montserrat Martínez. Moita sorte a todo o alumnado participante e xa vos contaremos se resultan finalistas ou gañadores desta edición.

Comentarios

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

ASÍ CELEBRAMOS O DIA DA PAZ...

O pasado día 30 de Xaneiro celebramos o Día da Paz no noso centro. A pesar de non facer moi bo día, o bo humor e as ganas de pasalo ben nunha data tan importante fixo que non importasen as condicións meteorolóxicas, así que aquí vos deixamos un vídeo como pequena mostra do que aconteceu ese día. Esperamos que vos guste e a Paz non sexa soamente cousa dun día... FELIZ DIA DA PAZ!!!! Se pinchades no enlace ao lado da fotografía poderedes ver un video da celebración dos nenos de Educación Primaria.   DIA DA PAZ