Ir al contenido principal

COMEZAMOS UN NOVO CURSO ESCOLAR...

Benvidos a todos e todas ao novo curso escolar!
Este ano poderemos disfrutar por fin,  da nosa nova biblioteca que foi inaugurada en Maio do 2015. Espero que vos guste moito a tod@s este novo espazo. O polbo tintón coma sempre , tivo en conta as vosas opinións, e suxerencias á hora de mercar  libros novos, e  en especial este ano veu cargado dun gran lote de libros de poemas, xa que sabe que tod@s estades disfrutando moito no obradoiro de poesía. Está claro que todos temos alma de poeta....

Comentarios

Entradas populares de este blog

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.