Ir al contenido principal

SEMANA DO LIBRO 2013

O 23 de Abril celebrase o Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor, polo que durante esta semana temos diferentes actividades na Biblioteca do Polbo Tintón.

Este día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. 
Por iso a Conferencia Xeneral da UNESCO, no ano 1995, decideu render unha homenaxe universal aos libros e autores, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as aportacións daqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. A UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor, así coma o Premio UNESCO de Literatura Infantil e Xuvenil Pro da Tolerancia.

Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.