Ir al contenido principal

DÍA DA BIBLIOTECA

No noso colexio celebramos o día da BIBLIOTECA entregándolles a tod@s os/as alumn@s un díptico de benvida e un decálogo  de escoitar contos.






Ola  a todos os visitantes da biblioteca do CEIP Bergantiños:
Estamos aquí un ano máis coas máis ganas ca nunca  de contarvos as novas e todas as actividades que seguro iremos atopando e creando para vós, en coordinación con Equipo de Normalización Lingüística.
Estamos moi contentos de que participedes en todo o que se organiza, e para o iso, precisamos da vosa colaboración.


 Pola nosa parte, intentaremos mellorar a biblioteca en tódalas súas facetas, dotación de libros e material audiovisual, mobiliario, actividades de animación á lectura,...e tantas outras que irán xurdindo.  Este ano relacionadas a maioría delas co UNIVERSO.
Recordade que temos un blog “BERGANTECA”, onde podedes enterarvos do que  facemos e onde podedes deixar os vosos comentarios do que alí se publique; procuraremos ilo poñendo ao día.
Un saúdo do Polbo Tintón e o Equipo de Biblioteca.




DECÁLOGO DOS NENOS E NENAS DE ESCOITAR CONTOS
 
  Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitalos máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
  Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día. 
  Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos. 
  Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus  avós.
• Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que lles conten contos. Do mesmo modo, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran. 
• Todo neno está no dereito de saber quenes son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos
  Todo neno goza a plenitude do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e lendas da  tradición oral do seu país.
  O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión. 
  O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos. O único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.
  O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.
  Todo neno ten dereito a medrar acompañado de Alicia  e o lobo , os  músicos  de  Bremen e o pirata Garrapata, Carapuchiña,... e do inmortal "Había unha vez... " palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara aos sonos máis fermosos da nenez.

Tamén  difrutamos da proxección de diferentes  vídeos de contos entre eles " O coleccionista de pipas".








 

Comentarios

Entradas populares de este blog

SOLIDARIEDADE SODES VÓS!!

O polbo Tintón quere agradecervos a todos e todas, alumnado e familias, a gran colaboración durante o mercadillo solidario. Grazas polas vosas doazóns que encheron caixas e caixas que seguro axudarán a moitas familias da nosa vila. Todo isto non sería posible sen vós, non damos crédito. Agradecer tamén á Cruz Vermella de Carballo pola súa labor.

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.