O día da muller traballadora celebrámolo dunha maneira moi diferente. Acudimos a unha residencia de maiores. Alí tivemos unha xuntaza coas mulleres que loitaron toda a vida sen que lles foran recoñecidos nunca os seus dereitos.
Non se cansaron de recomendarlle @s nen@s que estudaran para ter unha boa formación.
Aínda así, hoxe están orgullosas do mundo que axudaron a conseguir, pero repetían que hai que seguir loitando.
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.
Comentarios
Publicar un comentario