Ir al contenido principal

TINTÓN CELEBRA A PAZ

Nestas datas tan especiais o polbo Tintón tamén quixo celebrar a festa da PAZ con tod@s nen@s do colexio, recordándolles que ao igual que os protagonistas dos contos clásicos, eles tamén teñen dereitos:
-Carapuchiña non ía á escola, pero ten dereito á educación.
-Os tres porquiños o lobo derruboulles a casa, pero teñen dereito a unha vivenda.
-A Hansel e Gretel abandonáronos no bosque, pero teñen dereito a unha familia.
-Ao soldadiño de chumbo faltáballe unha perna, pero ten dereito á sanidade.
-Ao patiño feo non tiña amigos por ser diferente, pero ten dereito a igualdade.
Tamén nos recorda Tintón cales son nos nosos deberes:
  • .Repectar a vida e a dignidade de cada persoa.
  • .Practicar a non violencia.
  • .Compartir o meu tempo e recursos materiais, cultivando a xenerosidade.
  • .Escoitar para comprender.
  • .Contribuir ao desenrolo da miña comunidade.
  • .Promover o consumo responsable .

Comentarios

Entradas populares de este blog

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA