Ir al contenido principal

23 de abril, DÍA DO LIBRO

O día 23 de abril foi elexido como «Día Internacional do Libro», pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de CervantesWilliam Shakespeare e Garcilaso de la Vega na  mesma data no ano 1616.
O Polbo Tintón agarda que os libros estean a ser parte das vosas rútinas diarias e está desexando poder compartir pronto todos os libros da súa biblioteca cos nenos e nenas do colexio.

Ánimo e forza!

Comentarios

Entradas populares de este blog

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Boas a todos e a todas!      Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!           Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.      A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.      En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.      O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.     A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diari...