Ir al contenido principal

PARA LER O DIA DO LIBRO


DIA DO LIBRO
23 de abril de 2018

Se queres que os demais che digan
o que tes que facer, non leas.
 Se queres que os demais che digan
o que tes que pensar, non leas.
Se queres que a publicidade che diga
o que tes que mercar, non leas.
 Se queres vivir coma un robot que
outras persoas programan, non
leas.
 Non leas, porque a lectura é incómoda.
 Non leas porque a lectura che revolve a cabeza.
Non leas porque a lectura te pon contra as cordas.
Non leas, porque a lectura é rebelión.
Así que, por favor, é mellor que non leas.
Fran Alonso

Comentarios

Entradas populares de este blog

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín