Ir al contenido principal

RELATOS DE MEDO

Como xa sabedes, o Samaín é unha festa relacionada cos mortos, e polo tanto da mooooito medo.👻
Nós non queremos que vos asustedes, pero pareceunos boa idea facer unha sesión en cada nivel na que, os rapaces que así o quixesen poidesen contarlles relatos de medo inventados por eles, ou adaptando algún libro que coñezan, aos seus compañeiros de nivel e despois ao alumnado de Educación Infantil.
 Este é un exemplo do que aconteceu na Biblioteca do Polbo Tintón.



Pero non pensedes que neste video están todos os participantes, é soamente un exemplo do que aquí se viviu durante tres días.

Comentarios