Este ano participaron no 16ª Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís
varios grupos de nenos do noso cole. O pasado mércores 24 de outubro
foron ás instalacións de RadioVoz en Carballo varios nenas e nenas do
centro acompañados polas súas titoras Dª Isabel García e Dª Montserrat
Martínez. Moita sorte a todo o alumnado participante e xa vos contaremos
se resultan finalistas ou gañadores desta edición.
Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

Comentarios
Publicar un comentario