Ir al contenido principal

8 DE MARZO: DIA DA MULLER

Moi bos días a todos, agora que dispoñemos dun pouco máis de tempo imos ir colgando unha pequena mostra do que se fixo na Biblioteca ao longo do curso:
Con motivo da celebración do Día da Muller, contamos con dúas sesións de contacontos para o alumnado de 6º E.P.
Contáronlles o conto "O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Aprendemos que os traballos son todos igual de importantes, aínda que non se pague o mesmo salario a homes que a mulleres (isto é debido a que ao principio o salario da muller se consideraba un complemento do salario dos homes).

Comentarios

Entradas populares de este blog

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín