Ir al contenido principal

ACTIVIDADES DE INAUGURACION DA NOVA BIBLIOTECA

Recordamos algunha das actividades de inauguración da Biblioteca do Polbo Tintón o pasado día 3 de Marzo, cando nos veu visitar a escritora e autora do libro "A PROFESORA QUE FACÍA FALTAS DE HORTOGRAFÍA", Cuca Canals. Estivo dirixido aos nenos de 5º E.P. e poideron disfrutar moito coas súas aventuras. Para poder velo premede na seguinte foto:
http://quintobergan.blogspot.com.es/

Comentarios

Entradas populares de este blog

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

     Como ben sabedes, neste mes de marzo, máis concretamente o día 8, conmemórase o Día Internacional da Muller.      Arredor desta temática, xirarán as recomendacións lectoras do polbo Tintón para este mes en concreto.      Esperamos que as desfrutedes moito!      Un saúdo, o Equipo de Biblioteca Escolar.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Boas a todos e a todas!      Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!           Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.      A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.      En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.      O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.     A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diari...