Ir al contenido principal

DÍA DA BIBLIOTECA

No noso colexio celebramos o día da BIBLIOTECA entregándolles a tod@s os/as alumn@s un díptico de benvida e un decálogo  de escoitar contos.






Ola  a todos os visitantes da biblioteca do CEIP Bergantiños:
Estamos aquí un ano máis coas máis ganas ca nunca  de contarvos as novas e todas as actividades que seguro iremos atopando e creando para vós, en coordinación con Equipo de Normalización Lingüística.
Estamos moi contentos de que participedes en todo o que se organiza, e para o iso, precisamos da vosa colaboración.


 Pola nosa parte, intentaremos mellorar a biblioteca en tódalas súas facetas, dotación de libros e material audiovisual, mobiliario, actividades de animación á lectura,...e tantas outras que irán xurdindo.  Este ano relacionadas a maioría delas co UNIVERSO.
Recordade que temos un blog “BERGANTECA”, onde podedes enterarvos do que  facemos e onde podedes deixar os vosos comentarios do que alí se publique; procuraremos ilo poñendo ao día.
Un saúdo do Polbo Tintón e o Equipo de Biblioteca.




DECÁLOGO DOS NENOS E NENAS DE ESCOITAR CONTOS
 
•  Todo neno, sen distinción de raza, idioma ou relixión, ten dereito a escoitalos máis fermosos contos da tradición oral dos pobos, especialmente aqueles que estimulen a súa imaxinación e a súa capacidade crítica.
•  Todo neno ten dereito a esixir que os seus pais lle conten contos a calquera hora do día. 
•  Todo neno que por unha ou outra razón non teña a ninguén que lle conte contos, ten absoluto dereito a pedir ao adulto da súa preferencia que llos conte, sempre e cando este demostre que o fai con amor e tenrura, que é como se contan os contos. 
•  Todo neno ten dereito a escoitar contos sentado nos xeonllos dos seus  avós.
• Aqueles que teñan vivos os seus catro avós poderán cedelos a outros nenos que por diversas razóns non teñan avós que lles conten contos. Do mesmo modo, aqueles avós que carezan de netos están en liberdade de acudir a escolas, parques e outros lugares de concentración infantil onde poderán contar cantos contos queiran. 
• Todo neno está no dereito de saber quenes son os principais autores de contos. As persoas adultas están na obriga de poñer as súas historias ao alcance dos nenos
•  Todo neno goza a plenitude do dereito de coñecer as fábulas, os mitos e lendas da  tradición oral do seu país.
•  O neno tamén ten dereito a inventar e contar os seus propios contos, así como a modificar os xa existentes, creando a súa propia versión. 
•  O neno ten dereito a esixir contos novos. Os adultos están na obriga de nutrirse permanentemente de novos e imaxinativos relatos, propios ou non, con ou sen reis, longos ou curtos. O único obrigatorio é que estes sexan fermosos e interesantes.
•  O neno sempre ten dereito a pedir outro conto e a pedir que lle conten un millón de veces o mesmo conto.
•  Todo neno ten dereito a medrar acompañado de Alicia  e o lobo , os  músicos  de  Bremen e o pirata Garrapata, Carapuchiña,... e do inmortal "Había unha vez... " palabras máxicas que abren as portas da imaxinación na ruta cara aos sonos máis fermosos da nenez.

Tamén  difrutamos da proxección de diferentes  vídeos de contos entre eles " O coleccionista de pipas".








 

Comentarios

Entradas populares de este blog

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

  Boas amigos e amigas do polbo Tintón O equipo de Biblio vos pide que non esquezades apuntar nas cartas a Papa Noel e aos Reis Magos, o nome dalgún deses tesouros que son os libros. Aquí deixamos uns títulos que vos poden gustar . Lembrade non mirar só os do voso curso ,pode ser que vos guste algún libro de outros cursos. Podedes ver a presentación  "Power Point" que vai máis a modo, ou o vídeo cun pouco de música. Bo Nadal . VÍDEO PRESENTACIÓN ,MÁIS LENTA

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín