Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2019

INAUGURACION DA EXPOSICIÓN "PATRIMONIALIZARTE"

O pasado venres puxemos punto final á primeira parte do proxecto de Patrimonio que se está a levar no centro, coa inauguración dunha pequena exposición. Estás convidado a vir visitala!! SAIMOS NA PRENSA, MIRAO AQUÍ. A segunda parte está comezando...

DIA DAS ARTES GALEGAS

Hoxe, 1 de abril, celébrase o Día das Artes Galegas, acontecemento creado pola Real Academia Galega de Belas Artes. Este ano o homenaxeado é o pintor Luís Seoane. A asociación Roxín Roxal confeccionou un documento sobre a figura de Luis Seoane para os centros educativos, elaborado por  Rosa Espiñeira Pan. Podedes velo aquí : 1 de abril Día Das Artes Galega - Luis Seoane   Na alborada alá onde se xunta o río e o mar, eis as mariscadoras. Cos pés mollados e as mans frías, arremangadas as roupas, apañan o marisco sen demora: ameixas, berberechos, ostras vieiras e navallas. As catro xuntiña s aturan o frío cantando vellas cancións mariñeiras, mentr es agardan con saudade a chegada dos seus homes, de alén dos mares.  As mariscadoras foi pointado no ano 1969 por Luis Seoane. Xa ten 50 anos!   Ama relo, vermello e azul, cores primarias que xunto ao negro e o branco poden crear todas as cores que existen.   Así pinta Seoane, primeiro coas cores,