Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2016

O MAGOSTO

Este curso, como poidestes comprobar, as nais e pais do alumnado acompañounos na celebración do magosto. Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos. Esperamos que vos guste!!

RELATOS DE MEDO

Como xa sabedes, o Samaín é unha festa relacionada cos mortos, e polo tanto da mooooito medo.👻 Nós non queremos que vos asustedes, pero pareceunos boa idea facer unha sesión en cada nivel na que, os rapaces que así o quixesen poidesen contarlles relatos de medo inventados por eles, ou adaptando algún libro que coñezan, aos seus compañeiros de nivel e despois ao alumnado de Educación Infantil.  Este é un exemplo do que aconteceu na Biblioteca do Polbo Tintón. EXEMPLOS DO SAMAIN - Kizoa Editar Videos - Movie Maker Pero non pensedes que neste video están todos os participantes, é soamente un exemplo do que aquí se viviu durante tres días.

O SAMAIN

 Benvidos ao SAMAÍN!!! Coa chegada do outono, chegan as celebracións invernais da nosa terra e unha das primeiras, xunto co Magosto, é o Samaín, unha festa de orixe celta...  Contan que moito antes do nacemento de Xesús, en Galicia e noutras rexións de España, se celebraba unha festa celta chamada Samaín. Moitos autores coinciden en sinalar esta festa como a orixe da meirande parte das tradicións asociadas aos mortos. dende a propia festividade cristiá de defuntos ata outras mais xeralizadas coma Halloween cos disfraces e as cabazas.  A palabra Samaín significa "fin do verán", unha boa maneira de darlle a benvida ao outono, non credes? Aquí vos deixo unhas cancións que lles gustan moito aos nenos pequenos: NO SAMAIN, do CD Brinca Vai de Paco Nogueiras LOS ESQUELETOS EMOCIÓNS: O MEDO

CONCURSO DE TEATRO LIDO

Este ano participaron no 16ª Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís varios grupos de nenos do noso cole. O pasado mércores 24 de outubro foron ás instalacións de RadioVoz en Carballo varios nenas e nenas do centro acompañados polas súas titoras Dª Isabel García e Dª Montserrat Martínez. Moita sorte a todo o alumnado participante e xa vos contaremos se resultan finalistas ou gañadores desta edición.

BENVIDA AO CURSO 2016-2017

O Polbo Tinton davos, un ano máis, a benvida a este novo curso 2016-2017. Xa sei que o curso empezou hai xa un mes, pero como xa sabedes a Biblioteca está aberta todos os recreos para que leades alí, busquedes libros para ler na casa e devolvades os libros lidos, busquedes información que sexa do voso interese e, como novidade este curso, poidades disfrutar tamén deste espazo de encontro durante as tardes do martes ao venres, en horario de 15:45 a 17:25h.

8 DE MARZO: DIA DA MULLER

Moi bos días a todos, agora que dispoñemos dun pouco máis de tempo imos ir colgando unha pequena mostra do que se fixo na Biblioteca ao longo do curso: Con motivo da celebración do Día da Muller, contamos con dúas sesións de contacontos para o alumnado de 6º E.P. Contáronlles o conto "O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Aprendemos que os traballos son todos igual de importantes, aínda que non se pague o mesmo salario a homes que a mulleres (isto é debido a que ao principio o salario da muller se consideraba un complemento do salario dos homes).

MULLERES E INVENTORAS

Ola, achegámonos á celebración do Día da Muller Traballadora, e este ano farémolo recordando algunhas mulleres inventoras importantes na historia. Para elo, podedes ir botándolle un vistazo ao video que atopamos na páxina do diario ABC. Seguro que máis de un queda un pouco sorprendido e esperamos que xurda en vós un chisco de curiosidade por saber máis sobre os inventos que fan moita máis doada a nosa vida. Disfrutadeo!

AS NOSAS ALUMNAS NA PRENSA

Ola a todos, Hoxe amanecemos cunha noticia moi grata para nós no xornal: Dúas das mellores usuarias da Biblioteca Municipal Rego da Balsa, Laia Nión Fernández e Ainhoa García Marcos, son alumnas do noso centro. Noraboa rapazas, seguide así!!! E aos demáis, animámosvos a seguir o seu exemplo. Aquí vos deixamos o enlace á noticia do periódico, para elo tedes que pinchar na palabra "Foto" . Foto

CELEBRAMOS A PAZ

Aquí podedes ver a canción da paz "Eu teño alguén no meu corazón", tema musical que abre o libro-cd-dvd "Xiqui Xoque Fiú Fiú", segunda entrega de María Fumaça, publicado por Editorial Galaxia, Sonárbore. Aquí tedes unha mostra das fotos cos traballos dos nenos para a paz: PAZ 2016 BLOG - Kizoa Movie Maker

EFEMÉRIDES

Hoxe é un día importante na historia dos carballeses, xa que un día coma hoxe no ano 1859 nacía en Carballo o ilustre escritor Alfredo Brañas. Se queres máis información sobre a súa vida invitámoste a pinchar na súa foto.

SAMAÍN E MAGOSTO

Coma todos os anos, tamén celebramos no primeiro trimestre o SAMAÍN e o MAGOSTO, desta vez en dous diferentes. Se queredes ver algunhas fotos destas dúas celebracións invitámosvos a visitar o blogue dos compañeiros SEXTOBERGAN .