O 23 de Abril celebrase o Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor , polo que durante esta semana temos diferentes actividades na Biblioteca do Polbo Tintón . Este día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega. Por iso a Conferencia Xeneral da UNESCO, no ano 1995, decideu render unha homenaxe universal aos libros e autores, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as aportacións daqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. A UNESCO creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , así coma o Premio UNESCO de Literatura Infantil e Xuvenil Pro da Tolerancia .
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.