Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de 2013

RECOMENDACIONS LECTORAS

http://www.pinterest.com/polbotinton/lecturas-para-o-nadal/   Como en anos anteriores, aquí tamén podedes ver unha recomendación de libros para ler e agasallar nestas datas. O único que tedes que facer é pinchar neste enlace ou no lateral en LECTURAS PARA O NADAL.

RECORDANDO O SAMAIN

Bos días,                 xa sei que estamos de vacacións, pero como ata agora non tivemos tempo agora facemos unha pequena recopilación en imaxes de como se celebrou o samaín este ano no noso centro. En vindeiros días iremos recordando as outras actividades feitas a partires dos diferentes equipos do centro (Voz Natura, Normalización Lingüística, Extraescolares, Biblioteca...). Esperemos que vos gusten e que disfrutedes destas vacacións de Nadal.                                        Boas Festas                                                              O Polbo Tintón SAMAIN2013 - presentacion imagenes

FROITOS DE OUTONO

O pasado xoves, os alumnos do terceiro ciclo visitaron a biblioteca con motivo dunha exposición de cogumelos que foron recollidos nos montes e prados do noso contorno.Un paí dun alumno e bo coñecedor de este tipo de alimento, explicounos os riscos, formas de recolleitar e algunha que outra receita para preparalos.Aínda que se algún de nós se se sente atraído por estos manxares, recomendounos que o fixeramos con un experto ata que nos estéamos preparados. cogumelos13 - presentacion imagenes

SAÚDOS DO POLBO TINTON

Bos días amigos lectores,                           xa hai bastante tempo que non escribimos nada novo no blogue da biblioteca, pero a partires de agora espero saudarvos máis a miúdo... Como sabedes a Biblioteca xa está aberta a todos e esperamos que veñades visitarnos para coñecer as novidades deste curso. Dende comezo do curso xa tivemos varias actividades no centro da que daremos conta pouco a pouco, pero dende aquí animámosvos a seguir participando en todo o que aconteza no centro.... BENVIDA A NOSA BIBLIOTECA, A BERGANTECA!!

POR FIN CHEGOU O VERÁN!

Chegou o verán, tempo de ocio e lecer, polo que dende aquí vos invito a que adiquedes un pouco do voso tempo a ler. As recomendacións deste verán poderédelas ver en LECTURAS DE VERÁN, pero o importante é que leades. O vindeiro curso traballaremos a flora e fauna do monte. FELICES VACACIÓNS!!                                      LECTURAS DE VERAN

SEMANA DO LIBRO 2013

O 23 de Abril celebrase o Día Mundial do Libro e do Dereito do Autor , polo que durante esta semana temos diferentes actividades na Biblioteca do Polbo Tintón . Este día simbólico para a literatura mundial xa que ese día en 1616 faleceron Cervantes, Shakespeare e Inca Garcilaso de la Vega.  Por iso a Conferencia Xeneral da UNESCO, no ano 1995, decideu render unha homenaxe universal aos libros e autores, alentando a todos, e en particular aos mozos, a descubrir o pracer da lectura e a valorar as aportacións daqueles que impulsaron o progreso social e cultural da humanidade. A  UNESCO  creou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor , así coma o Premio UNESCO de Literatura Infantil e Xuvenil Pro da Tolerancia .

LETRAS GALEGAS

Na Biblioteca de Mallón, en Nigrán, vive o meu curmá TENTALIBRÍN. Alí xa programaron actividades para traballar ao autor homenaxeado o día das Letras Galegas, Roberto Vidal Bolaño, e envioumas para que tamén vós poidades pasar un bo rato xogando e aprendendo... PREMEDE NA IMAXE E DISFRUTADEO!!!!       EDUCACION INFANTIL       1º CICLO E.P.                            2º CICLO E.P. 3ºCICLO E.P.

ADEUS A JOSE LUIS SAMPEDRO

Nas Bibliotecas atopámonos cunha triste nova: José Luis Sampedro finou o pasado domingo. Unha figura querida e respectuosa, crítica e comprometida que deixa un importante legado. Discreto ata no xeito de despedirse. José Luis Sampedro: "... La crisis pasará, por supuesto, lo hará a costa del sufrimiento de todos nosotros, porque, con la mitad del dinero que se pretende inyectar para que un banco esté lleno, se podría evitar el recorte en la educación y la sanidad". "Hay dos clases de economistas; los que quieren hacer más ricos a los ricos y los que queremos hacer menos pobres a los pobres". "Los recortes se aceptan por una de las fuerzas más importantes de la humanidad, el miedo" "El tiempo no es oro; el oro no vale nada. El tiempo es vida" "Qué importa mi boca cerrada, ¡cuando piensas con el alma te oyen!" "Hay una cosa que me preocupa: hasta qué punto se están destruyendo valores básicos. No hablo ya de derechos humanos, si

DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Por sorte as cousas non sempre son así.

HOMENAXE A ROSALÍA

Dende o colexio nós  tamén  queremos participar na alborada

RECEITA DE AMOR

Esperamos que vos gusten estas curtas relacionadas co día de San Valentín... Unha curta de Disney nominada ós Óscar deste ano titulada PAPERMAN e Love Recipe

ACTIVIDADES DA PAZ

Nas seguintes páxinas podedes ver recursos e actividades sobre a paz para facer na clase ou na escola. Esperamos que vos guste e vos entreteñades con elas nas tardes de choiva. http://www.cucurrucu.com/da-de-la-paz-y-la-noviolencia/ http://rosa-infantil-rc.blogspot.com.es/2011/01/actividades-para-o-dia-da-paz.html http://miclase.wordpress.com/category/celebraciones/dia-de-la-paz/ http://ceip-com.wikispaces.com/D%C3%ADa+de+la+Paz http://www.cuadernointercultural.com/sugerencias-para-el-dia-escolar-de-la-paz-y-la-no-violencia/ http://dl.dropbox.com/u/14722558/PAZ/paz.html http://engalego.es/curso/lim/crebacabezas_paz/crebacabezas_paz.html http://dl.dropbox.com/u/14722558/maripaz/maripaz.html

A NOSA CANCIÓN DA PAZ

Aquí vos deixamos unha canción chea de boas mensaxes de paz para que aprendades ben. O próximo día 30 cantarémola todos xuntos.  

FINA CASALDERREY

                                            UNHA ESCRITORA DE L.I.X NA ACADEMIA   A RAG (Real Academia Galega) acaba de elixir a Fina Casalderrey como académica numeraria .  Con Fina entra na Academia unha muller (por méritos propios) pero tamén a literatura infantil e xuvenil. Diso vai tratar o seu discurso de entrada,  escoitaremos esas palabras que tratan desta literatura non sempre asumida como LITERATURA (con maiúsculas). Realmente estamos de noraboa, pois sentímonos moi ben representadas por esta muller que entre outros conta con Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil. Unha muller que ademais é mestra (¿acaso se deixa de ser por non ir xa á escola?) e, polo tanto, mediadora do libro. Unha académica de luxo!