Ir al contenido principal

Entradas

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O NADAL 2021

Entradas recientes

Recomendacións lectoras de Samaín.

  Dende o equipo de Biblioteca vos ofrecemos uns libros terroríficos para pasar un bo rato. Están repartidos por ciclos:Infantil,1º e 2º,3º e 4º,5º e 6º. Recomendacións lectoras para Samaín

Día das Bibliotecas Escolares

I niciamos unha nova andaina neste curso 2021-2022.A nosa biblioteca segue cerrada pero coa axuda do polbo Tintón imos levar os seus tesouros ás aulas do cole. Para comezar esta aventura ,o luns celebramos o Día Internacional das Bibliotecas Escolares. Entre todos e todas  elaboramos un bonito mural co título "A aventura da lectura".Fixemos un mural en Primaria e outro en Infantil.

DIARIOS DE LECTURA: "El baúl de la magia", por Laura Espasandín Rego (1ºB de EP)

                       Boas a todos e a todas, amiguiños e amiguiñas!            Velaquí vos traemos o vídeo de Laura Espasandín Rego, de 1ºB de Educación Primaria, a cal nos conta, de primeira man, a historia de "El baúl de la magia", onde Lucía e os seus bonecos montan... unha festa!           Como se trataba dun vídeo con bastante peso en mB, tivemos que rebaixar un chisquiño a calidade do mesmo.                Desculpade as molestias, Laura e familia!                Esperamos que o desfrutedes moito!                Un saúdo a todos e a todas!      

XINCANA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Ola, de novo, a todas e a todos!      Desde o venres 7 de maio ata este venres día 14 de maio, estamos a desenvolver no noso centro unha xincana sobre a vida e obra de Xela Arias.      A xincana consiste en buscar e atopar 10 cuestións sobre esta autora, a cal conmemoramos este 2021 no Día das Letras Galegas. As cuestións están repartidas polo centro (planta baixa e primeiro andar), así como polos patios do mesmo.      Cada aula ten asignada unha sesión para poder desenvolver esta actividade.      De momento, a acollida está sendo estupenda e esperamos que sigades desfrutando desta actividade.      Un saúdo,      o polbo Tintón.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2021: Xela Arias

     Boas a todos e a todas!      Como ben sabedes achégase un día importantísimo para as nosas Letras... As Letras Galegas!           Este 17 de maio de 2021 conmemoramos a figura de Xela Arias, poetisa e tradutora de grandes obras de literatura infantil e xuvenil.      A súa inclinación pola escritura estivo presente desde moi nova. Segundo palabras de Amparo, súa nai, estba sempre escribindo contos imaxinarios.      En maio de 1982, publicou o seu primeiro poema, "Vin", no nº 3 da revista Dorna. A partires desa data, a produción poética de Xela foi imparable.      O seu primeiro libro, "Denuncia do Equilibrio", publicouse en 1986 por Edicións Xerais, no cal se recollen os distintos poemas que foi publicando en distintas revistas literarias, ao longo de dous anos.     A continuación veríamos a publicación das seguintes obras como "Tigres coma cabalos", "Darío a diario", "Intempériome" ou "Poesía reunida".      O 1 de novembr