Moi boas queridos amigos e amigas!! Que gañas tiña de saudarvos!! Que tal está indo o comezo do curso?? Agardo que moi ben. Como xa sabedes, o pasado xoves, 24 de outubro foi o día das bibliotecas . Dende a nosa biblioteca quixemos celebrar ese día cun acontecemento especial, por este motivo inauguramos a nosa Patioteca . A Patioteca, é un carriño de lectura que sae ao patio durante os recreos. Así podedes ler os vosos contos favoritos ao aire libre, tirados e tiradas nunha colchoneta... A verdade é que está sendo todo un éxito!! Se aínda non a coñecedes non dubidedes vir nalgún recreo, de seguro que hai moitos libros o voso agrado!! Aquí vos deixo unhas fotos d@s primeir@s visitantes. Disfrutade moito dela, vémonos pronto!!
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.