O día 23 de abril foi elexido como «Día Internacional do Libro», pois supostamente coincide co falecemento de Miguel de Cervantes , William Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data no ano 1616 . O Polbo Tintón agarda que os libros estean a ser parte das vosas rútinas diarias e está desexando poder compartir pronto todos os libros da súa biblioteca cos nenos e nenas do colexio. Ánimo e forza!
BERGANTECA. Benvidos á biblioteca de Tintón no colexio Bergantiños.Desexo, que cando visitedes a nosa biblioteca encontredes nela a mellor forma de pasar o tempo, de entretervos, de viaxar a países inéditos, de coñecer amigos,de encher os vosos corazóns e as mentes de novas e interesantes cousas que vos sirvan para crear un futuro máis xusto e pracenteiro.