Ir al contenido principal

Entradas

Mostrando entradas de abril, 2018

PARA LER O DIA DO LIBRO

DIA DO LIBRO 23 de abril de 2018 Se queres que os demais che digan o que tes que facer , non leas.   Se queres que os demais che digan o que tes que pensar , non leas. Se queres que a publicidade che diga o que tes que mercar , non leas.   Se queres vivir coma un robot que outras persoas programan , non leas.   Non leas, porque a lectura é incómoda.   Non leas porque a lectura che revolve a cabeza. Non leas porque a lectura te pon contra as cordas. Non leas, porque a lectura é rebelión. Así que, por favor , é mellor que non leas . Fran Alonso

DIA DO LIBRO

Moi pronto na nosa Biblioteca...

EQUIPO DE XADREZ DO CEIP BERGANTIÑOS

Dende aquí queremos felicitar ao equipo de xadrez do cole pola súa participación en diferentes torneos a nivel provincial, o pasado sábado unha pequena representación do equipo recibíu unha copa que estará exposta na Biblioteca do centro. Parabéns!!  

MULLERES DE CONTO

Traballo realizado polo alumnado de sexto de primaria de acordo co proxeto de  biblioteca.   MULLERES DE CONTO

LIPDUB SOBRE A IGUALDADE

  Dende o ENDG (Equipo de Normalización  e Dinamización Lingüística) e como parte do Proxecto de centro para este curso, Mulleres de conto, elaborouse un vídeo co título: "Queremos igualdade"   A letra é orixinal do alumnado de 6º curso, e a música é a da coñecida canción de  Luís Fonsi e Daddy Yankee , "Despacito" .  Nel faise unha defensa en prol da igualdade real de homes e mulleres, rexeitando a violencia de xénero.    Grazas a todo o alumnado e profesorado do centro polo voso traballo.